Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Ponte Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Xunto ó único arco que se considera romano da Ponte Vella de Ourense, o primeiro da marxe onde están tanto Salesianos como o pavillón de deportes, aparece unha inscrición nas pedras, a pouca altura do terreo.
Nela pódese ler “ALTA DE LA AVENIDA 19 DE FB DE 1844”, todo isto sobre unha liña horizontal gravada nas pedras do segundo sillar do muro da ponte.
A altura das letras que forman a lenda teñen unha altura de uns 12cm e unha fondura aproximada de 1cm.
Esta enchente e unha das maiores documentadas, sendo a máis grande a do 8 de decembro de 1696.
Na páxina 41 do libro (As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime – Olga Gallego Dominguez) aparece a referencia a esta enchente.
Sobre ela escribiu o cura da parroquia de Santa Eufemia, que ese día mesmo chegou a pasar tanta auga pola traseira da capela da Nosa Señora dos Remedios como pasa algún día de inverno polo canle normal.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.galeon.com/sloren/enchentasdomino.htm#ENCHENTA_1844_EN_OURENSE
As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime
Boletín Auriense. Anexo 24. Museo Arqueológico Provincial
Gallego Domínguez, Olga
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.344428Lonxitude: -7.868989
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84