Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Oliveira (Santiago)
Lugar: A Sobreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto que nace sobre unha plataforma feita con perpiaños graníticos. Por riba dela unha pedra plana.
O retablo componse dunha pedra na que podemos ver a imaxe de Santo Antón en posición central acompañado por unhas decoracións en espirais ou volutas. Tamén aparece unha inscrición moi erosionada que, segundo se recolle no libro de Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez, di o seguinte:
“COM (-) BES T(-)
O TE B (-) AL TE B (-)
ES ME ERAS.
BI AÑO 1810”
COMO ME
Por debaixo aparecen cinco ánimas entre as que destaca unha cunha mitra.
O seu peto para as esmolas o podemos ver nun dos laterais do retablo.
O conxunto remata cunha cruz de recente factura.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 06.06.06)
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1768080532Lonxitude: -8.45601797104
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84