Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Oliveira (Santiago)
Lugar: A Fraga do Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII feita a base de perpiaño granítico de boa factura, dunha soa nave e con teitume a dúas augas, agás na ábsida que é a catro augas. Na fachada sur podemos ver a sancristía, con cuberta a dúas augas. Todos os esquinais da cuberta posúen pináculos.
Na fachada principal, pouco ornamentada, podemos ver a porta de acceso e un pequeno ocelo con derrame interno por riba dela. O conxunto remata nunha espadana de dúas alturas, o primeiro con dous ocos con arcos de medio punto e campás, e o segundo dun só oco con dous pináculos nos extremos. No cume unha cruz de ferro.
A igrexa foi ampliada no ano 1870 e reconstruída parcialmente no 1920.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 15.05.03)
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Oliveira&localidad=PONTEVEDRA

http://www.romanicodigital.com/cedar/pila-bautismal-de-santiago-de-oliveira-69861.aspx


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1840503006
Lonxitude: -8.45155745745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84