Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Fontenla (San Mamede)
Lugar: Barbáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación do século XVIII feita a base de perpiaño granitico, con planta en forma de L e dous andares. Posúe cuberta a tres augas.
No conxunto destaca o seu balcón corredor no patio e a solaina situada ao Sur.
O acceso realízase por medio dun portón amedado e cunha cruz. No lintel da porta aparece unha inscrición pouco lexible.
No interior da finca destacan dous hórreos e varias edificacións anexas.
Esta antiga reitoral atópase ao carón da igrexa parroquial de San Mamede de Fontenla (http://patrimoniogalego.net/index.php/44233/2013/05/igrexa-parroquial-de-san-mamede-de-fontenla/)
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 09.02.06)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1680978525Lonxitude: -8.48339796066
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84