Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Nogueira (San Salvador)
Lugar: O Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. Nun dos seus chanzos aparece unha pequena placa de mármore que posúe a seguinte inscrición:
“A LA DEVOCIÓN JOSÉ PAZOS RODRIGUEZ D.E.P”
A súa base, de sección cúbica, destaca polas súas caras labradas a modo de fornelas con arcos lobulados. No interior delas podemos ver distintos motivos bíblicos, como as imaxes de Adán e Eva antes e despois de cometer o pecado orixinal.
A continuación podemos ver a cruz policromada, de sección cilíndrica e con nós. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo cun cáliz que recolle o sangue; no reverso a Virxe sobre unha peaña con forma de anxo.
O conxunto atópase cuberto por un baldaquino metálico con cuberta a catro augas. Tamén podemos ver un enreixado de ferro a modo de protección.
Este cruceiro foi mandado facer co donativo dun emigrante que, na súa viaxe a Arxentina e despois dunha forte tormenta no mar, prometeu facer un Cristo de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ Tomo 4, Volume I, 14_NOGUEIRA, (Ficha 14.10.02)
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné. “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1248883344Lonxitude: -8.5167324543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 23, 2016
Detalle do Cristo crucificado
Oscar Franco says:
Mai 23, 2016
Detalle dos fornelos con Adán e Eva.
Oscar Franco says:
Mai 23, 2016
Detalle dos outros dous fornelos.