Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Cristiñade (San Salvador)
Lugar: Urcela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas situado no muro dunha casa privada.
Consta dunha fornela decorada cunha cruz e pináculos de bóla, con arco de medio punto, que garda un retablo protexido por un enreixado de ferro. O retablo é de madeira policromada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado en posición central, e aos lados as imaxes de San Antonio e Virxe. Por debaixo aparecen as ánimas entre as lapas.
Por debaixo da fornela podemos ver o caixón das esmolas. Por riba unha pedra a modo de tornachuvias.
Ao redor das ánimas podemos ver unha inscrición moi desgastada que di o seguinte:
“POR DEVOCION DE JUAN FERNANDEZ”.

Este peto atópase nunha encrucillada de camiños que leva á capela de San Gregorio de Soutovidal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ Tomo 4, Volume I, 7_Cristiñade, (Ficha 07.10.01)

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1431728224
Lonxitude: -8.52388456464
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84