Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ancares (comarca) / Baralla
Parroquia: Pousada (Santiago)
Lugar: Basille
Outra denominación do ben: O Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Nunha pequena elevación do terreo a 557 metros de altitude. Presenta un único recinto de forma tirando a ovalada cunhas medidas aproximadas de 140 por 110 metros. Nas partes N e NL conserva restos da muralla pétrea que nalgúns tramos acada os 2,5 metros de altura. Acaroada ao recinto polo leste ten unha terraza a xeito de antecastro defendida por suaves terrapléns. Moi alterado no interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 27036013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
Mámoas, petróglifos e castros da comarca dos Ancares:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8881480402Lonxitude: -7.27475166321
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):
(Aínda sen valorar)
Loading...
3 comentarios
elixiovieites says:
Mai 24, 2016
Ola Xabier. Mándoche as páxinas onde podes descargar o catálogo de Bens do PXOM de Baralla que creo é do ano 2014. Están no tomo VII. Este en concreto é o nomeado como Castro de Pousada, co Codigo GA 27036013 na páxina 16 (de 198) do pdf.
https://www.dropbox.com/sh/as8h5gt29nx2nma/iyPkQ_q5e4
Outra: http://goo.gl/5SbyiD
Saúdos
XAbier Moure says:
Mai 24, 2016
Boas, Elixio. Xa o teño, pero está mal con esa denominación. O Pxom ten moitos erros, situando castros en lugares que non se corresponden. Fixéronse varias alegacións.
Xabier Moure says:
Mai 24, 2016
Tamén omitiron varios bens, entre outros a única ponte considerada como romana, como por exemplo A Ponte da Valiña.