Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Escuadro San (Salvador)
Lugar: Xestoso / Férveda
Outra denominación do ben: Coto do Castelo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Restos da fortaleza medieval construída no século XIII polos señores de Deza e levantada nun esporón a 615 m. de altitude de orientación suroeste nordés, con ampla visión cara as terras de Escuadro. Segundo a ficha arqueolóxica do Pxom de Silleda: “ten planta elíptica duns 100 metros de diámetro no eixo norte sur e uns 45 no leste oeste”.
O castelo está defendido polos grandes terrapléns naturais que o rodean e que configuran as encaixadas canles dos ríos de Escuadro ao sur e o rego do lugar Fontelas ao norte. No flanco máis exposto do suroeste aínda se pode apreciar entre a grande vexetación que o cobre o sistema de terraplén, foso e parapeto exterior.
Segundo información de Daniel Gónzález Alén: “O cotarro é coñecido coma “Coto do Castelo” e tamén coma “Eira dos Mouros” ao que se accede polo lugar de Fontelas e tamén polo de Férveda, lugares entre os que quedan treitos dun antigo camiño empedrado que sería Camiño Real co andar do tempo, e ao carón do que se atopa a “Fonte dos Mouros”.
No castro realizou escavación o arqueólogo silledense Luís Xulio Carballo Arceo a mediados da década dos oitenta do pasado século. Daquela podíase ollar perfectamente a croa e as murallas do castro e tamén os cementos da torre fortaleza que agora cubre un espeso mato. Destes traballos deixou constancia Carballo na obra “Povoamento castrexo e romano na Terra de Trasdeza” publicado pola Consellería de Cultura da Xunta en 1986: “Posúe unha reducida coroa baixo a que se estende unha plataforma cara o N.E. Pola zona S.W. o coto, emprazado nun esporón, vese cerrado por un sistema defensivo de terraplén, foso e parapeto inferior, que o ailla da única zona facilmente accesíbel, xa que polo resto dos lados encóntrase defendido naturalmente polas empinadas ladeiras do monte; polo S.W. esténdese un pequeno antecastro, algo alterado actualmente”. Carballo non atopou achados no castro nas cuadriculas que escavou naqueles anos, aínda que deixou constancia de abóndante folclore sobre o “abastecemento de viño as mouros, sobre unha grade de ouro, un pozo que penetra nas entrañas do monte, un muíño e outras historias de mouros”.

O Castelo pertenceu a Alonso Suárez de Deza, e despois de ser este asesinado na Rocha Forte de Santiago, xunto con outros nove representante do nobreza no ano 1317, foi ocupado pola mitra compostelá.
No libro “Galicia Feudal“ podemos ler: Despois de haber pacificado compostela, o arcebispo Landoira levou a represión a terras do Deza, Trasdeza e Ulloa, onde aínda mandaban os Churruchaos. Frei Berenguel levou a guerra ata a casa de Camba e Rodeiro que está en Lalín, foi arrasando unha tras outra as fortalezas – Deza, Carboeiro, Chapa e Férvida….- e facendo prisioneiros aos sublevados. Pronto aos Churruchaos de Deza non lles quedou nada que defender. Frei Berenguel perdooulles a vida, pero requisoulles os bens e inhabilitounos para cargos e prebendas eclesiásticas , polo cal os Churruchaos, lonxe de apaciguarse ou resignarse deron en seguir o exemplo de Amilcar Barca polo que ao “odio eterno” se refire.
Resalta a grande beleza natural do lugar en que se atopa a fortaleza, rodeada de carballeiras e das canles de auga que discorren por impresionantes fondais. Na ladeira norte do esporón a canle dos ríos dan lugar na súa caída á coñecida Fervenza da Férveda.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36052050
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cóntase que había un muíño no río que era a onde ían a moer os mouros baixando dende un túnel dende o castelo.
Hai xente que ía a escavar ali porque pensaban que había tesouros enterrados.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Páxinas do catálogo de Bens do PXOM de Silleda, ano 2012
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1142.pdf
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/10%20Escuadro/Cat%E1logo/1142b.pdf
Armesto, Victoria. Galicia Feudal. Galaxia. 1971
Gónzalez Alén, Daniel. Deza Historia e Patrimonio”. En preparación en 2016.

Webs
http://www.webterrademontes.com/GentChu.htm
http://rochaforte.info/relatos/personaxes/alonso-suarez-de-deza/?lang=es
Web Fervenza da Férveda
http://www.turismosilleda.es/sende_ferveda.php


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6715661503
Lonxitude: -8.32019090652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84