Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ribeira
Parroquia: Oleiros (San Martiño)
Lugar: Axeitos
Outra denominación do ben: Pedra do Mouro
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O dolmen de Axeitos, un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos, data do III milenio a.C.. De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Coñecido popularmente como o “Partenón galego”, estrutúrase nunha planta poligonal con corredor intratumular formado por oito esteos sobre o que se apoia unha lousa de 4,5 por 3,5 metros e a apertura da porta ten sobre un metro e dez centímetros. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megalitos. A pedra cobertora é única no Barbanza, posto que se conserva na súa posición primitiva.

En dous dos esteos da cámara atópanse un signo cruciforme e outro vertical. O signo cruciforme componse de cabeza, mans e corpo; e o vertical representa unha persoa camiñando.

Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira, preto do entorno das dunas de Corrubedo. É propiedade da Deputación da Coruña, atopándose ben sinalizado no acceso ao complexo dunar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BOGA MOSCOSO, R.: “Dolmens de Galicia”. Bahía edicións, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.60024185727982
Lonxitude: -9.01790589094162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84