Outra fotografía:
Tipo de ben: Lavadoiro, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Dodro
Parroquia: San Xián de Laíño
Lugar: Eiró
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pozo do Conxeiro foi feito polos veciños de Eiró para empozar o liño que era cultivado na aldea. Sempre foi Eiró aldea de gran produción de liño, que se sementaba en Semana Santa na Horta do Liño, no Navaliño, na Veiga… e que cando se miraba para as leiras no final do mes de Santiago víase unha gran explanada de cor azul escuro que semellaba unha maré a poucos tranquila e a poucos con marusía que se confundía co devalar do Ulla alá ó fondo. Este pozo usábase para afogar o liño de nove a quince días antes de poñelo a secar para despois mazalo. Pero tamén se usaba para regar esas mesmas leiras de liño, para afiar os fouciños que o cortaban na resteba alá polo San Pedro, para lavar a roupa feita dese mesmo liño, porque ten lavadoiro o pozo. A sombra do carballo centenario do Conxeiro era sitio de rexouba dos veciños e veciñas de Eiró mentres se afiaban os fouciños e se lavaba a roupa… Pola beira pasa a Corredoira do Pozo, camiño principal de Eiró que agora fica tapado pola falta de limpeza e polo desuso porque unha pista asfaltada cortou o seu traxecto.
Vía Angel Ríal
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7219840362Lonxitude: -8.70496988297
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84