Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Xestoso (Santa María)
Lugar: Xestoso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular na súa nave principal e levantada con muros de perpiaño e cachotería, agás na fachada principal que amosa pezas de sillería. Corpo acaroado á nave no lado sur do templo e tellado a tres augas con cuberta de tella curva. Na fachada, porta de entrada con arco rebaixado, riba dela, un pequeno van redondo con derrame para dar luz ao interior e na parte esquerda unha pedra armeira. Remata con sobrepenas as arestas do seu cume, e no centro sobre base rectangular e con adornos de molduras e placas, levántanse a espadana de dous corpos con ocos de arcos de medio punto para as campás e con adornos de pináculos de bóla e gablete na cima coroado por cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
A Igrexa de Xestoso no catálogo do Pxom de Silleda
http://silleda.es/PXOM/Parroquias/33%20Xestoso/Cat%E1logo/3301.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6659552811Lonxitude: -8.32924872637
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84