Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Barrantes (San Vicente)
Lugar: Cristelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio construído en cachotería irregular, de planta rectangular e dun só andar. O conxunto posúe unha cuberta a dúas augas.
Os muros laterais posúen unha porta de acceso con arco de medio punto no centro e, aos seus lados, tres fiestras rectangulares.

O edificio foi financiado pola “Sociedade Protectora de Barrantes, Pro-Instrucción, Fomento y Protección Mutua”, composta por emigrantes naturais da parroquia de San Vicente de Barrantes. Foi inaugurado no ano 1927 cun custo total de 5500 pesetas.

No ano 2000, o edificio foi rehabilitado pola Comunidade de Montes de Barrantes, que o converteu na súa sede.
Antigamente a distribución interna do inmoble era distinta á de hoxe: nun dos laterais estaba situada a aula, onde os nenos e nenas da parroquia recibían ensino primario «tomando como base de enseñanza todo lo que la ciencia ha comprobado y experimentado: enseñar de una manera práctica y elemental las primeras nociones de todas las ciencias a fin de que la investigación positiva de los fenómenos de la vida real alcance la mente del niño, la mente del Pueblo», segundo se recolle nos Estatutos da sociedade promotora. Neses mesmos estatutos, dise que os alumnos e alumnas recibirían «clases de geografía, la historia y el comercio de las repúblicas más importantes de América, facilitándoles los elementos más indispensables para orientarlos en su peregrinación por el mundo».

No outro lateral había unha biblioteca para uso do alumnado pero tamén dos veciños do lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0302787793
Lonxitude: -8.76494809985
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84