Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Calo (San Xoán)
Lugar: Castrobuxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fonte barroca do século XVIII situada no pequeno lugar de Castrobuxán, tan pequeno que só ten unha casa. E é que o lugar naceu coa ermida de Nosa Señora de Castrobuxán ó lado dun vello castro. A fonte está a uns 500 metros deste santuario, ó oeste.

Consta dun panel pentagonal rematado nunha cruz pétrea resarceada e en dous acroteiros a cada esquina. Na súa parte central presenta un fornelo rematado nun arco de medio punto que antes acollía unha imaxe pétrea de María, hoxe desaparecida. Nos seus dous lados decoran a fonte catro interesantes volutas en disposicións contrapostas.

Para acceder á fonte pódese ir por un vello camiño que pasa ó carón da muralla sur do castro. Malia ser un camiño público, hai que atravesar a cancela da casa do lugar (que pón propiedade privada) e continuar por ese camiño ata que chegamos á fonte.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.138884120442086
Lonxitude: -9.062862396240234
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84