
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Praza de San Fiz
Outra denominación do ben: Antigo cruceiro de Ramirez
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular ramatado cun bocel. O varal é cadrado con chafráns e cunha cartela con inscricións. Debaixo desta cartela, no varal, ten outra inscrición que pon: “ANO DE 1718” Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, as mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza cara adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados e situada sobre unha peaña con cartela. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación ademáis, este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Antigamente, coñecíase a este cruceiro como cruceiro de Ramírez, ergueuse en 1718, como ben marca no varal, na actual zona do ensanche, no contorno da praza Roxa. Foi trasladado logo á praciña de Fonseca e, anos máis tarde, ao lugar que hoxe o podemos ollar. Rosalía de Castro escribeu un poema sobre este cruceiro incluída no capítulo IV de Follas Novas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/06/02/secreto-cruceiro-ramirez/0003_201306S2C7991.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8794423995Lonxitude: -8.54165811094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Xose Troiano says:
Xul 12, 2016
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/06/02/secreto-cruceiro-ramirez/0003_201306S2C7991.htm
Oscar Franco says:
Dec 15, 2021
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. (2018). Algúns precusores composteláns no estudo e valoración dos cruceiros (século XIX). IX Congreso galego de cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html