
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Lousame / Noia (comarca)
Parroquia: San Xoán (Lousame)
Lugar: Ces
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ermida de planta rectangular de traza barroca e cunha zona porticada diante da súa fachada principal, conformada con dúas columnas con capitel, sobre pequeno muro de mampostería, que sosteñen un armazón con tellado a tres augas. Muros recebados e pintados de branco, deixando á vista pezas de perpiaño en esquinais e lintel da porta. Pequenos vans nos muros e un reloxo de sol na esquina que dá ao sur. No cume da fachada, espadana enmarcada en pilastras sobre base cadrada e arco de medio punto para albergar á campá, coroado por tres pináculos de bóla. No cume do pináculo central vai unha cruz de forxa.
No campo da ermida hai exemplares de sobreiras centenarias e un cruceiro de capela ao que lle roubaron a figura da Virxe.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Ficha da ermida de San Cristovo de Ces no PXOM de Lousame do ano 2004
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA008.pdf
pax 4 do pdf
Ficha do cruceiro de capela da ermida de San Cristovo de Ces no PXOM de Lousame do ano 2004.
A imaxe da virxe foi roubada.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf
pax. 9 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7441954362Lonxitude: -8.8444340229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 15, 2018
Inscrición no lintel da porta de acceso da capela.