Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Calo (San Xoán
Lugar: Castrobuxán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Sobre unha plataforma cadrangular de tres chanzos érguese o cruceiro de Castrobuxán. O varal octogonal que comenza cadrado xurde dun pedestal cadrangular rematado con chafláns. A cruz sosténse nun capitel cadrangular de ábaco, lados curvos e vértices achaflanados. Decórano cabezas de anxos con ás e volutas.

No anverso da cruz represéntase a Cristo crucificado, con tres cravos e a cabeza cara adiante. No reverso, unha Piedade na que a Virxe María sostén no seu colo a Cristo morto e suxeita coa man a súa cabeza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Luis Martin RUIZ (1999) Cruceiros na provincia da Coruña (Vol IV). Ed. Deputación da Coruña, Salamanca.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.139363633450834
Lonxitude: -9.063559770584106
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84