
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Lugo
Parroquia: Bascuas (Santa María)
Lugar: Daquelcabo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Localiceino a mediados do mes de xullo de 2016, nunha finca situada a carón dunha pista asfaltada á entrada da aldea Daquelcabo por onde discorre o Camiño Primitivo de Santiago. Trátase dunha gran pena granítica de pouca altura con 21 coviñas insculpidas na parte superior e lisa da rocha, entre dúas grandes pías naturais, 19 están agrupadas e as outras dúas illadas. Parte da rocha foi partida, quizais para utilizar as súas pedras noutras construcións e outra parte atópase cuberta por terra e maleza. O achado foi comunicado ao Concello de Lugo e ao Servizo do Patrimonio Cultural.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Petroglifos de Galicia (provincia de Lugo): http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifo-inedito-en-lugo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0195668012Lonxitude: -7.45233535767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Out 13, 2016
O día 13 de outubro de 2016, dende Patrimonio comunicáronmme que, despois da visita dos técnicos, o petroglifo xa foi catalogado coa clave GA27028208.