
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Monte de Laxeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na cima do Monte de Laxeiras, sobre un penedo, erguíase a Cruz de Pelos, da que xa só queda o fuste. Estanislao Fernández de la Cigoña a define como “cruceiro xubilar de cambio de século”, mentres que Atanasio López, en 1915, escribía sobre ela: “En la cumbre del monte de San Antón se conserva solamente la vara que servía de sostén a la cruz de Pelos. En el monte de San Marcos existe otra llamada de San Juán de las Galeras, erigiéndose estas dos cruces para que sirvan de protección a la Villa evitando los efectos desastrosos de las chispas eléctricas”.
Sen dúbida, as cruces de Pelos e do Rumial, como son coñecidas actualmente, deberon estar irmandadas. As dúas están asentadas sobre penedos facendo estes de baseamento. O fuste posúe unha escasa altura e o capitel é moi simple. Ao carecer de cruz, non temos constancia de como era, máis supoñemos que se trataría dunha cruz de brazos iguais.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
A veciñanza, descoñecedora do que Atanasio López escribiu, lembra a historia de como alí preto apareceu morto o cura de Serres, no camiño que leva a Torea, tratándose, segundo os mesmos, dunha “cruz de morto”. O sobrenome da mesma faría referencia a un rito pagán executado no furado do capitel que debería soster a cruz consistente en depositar os pelos despois de peitearse, o que se podería interpretar como un rito de ofrenda realizado polas mozas que alí levaban as ovellas a pacer.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LÓPEZ, Atanasio: “Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia”.
Muros, ronsel de pedra, espiral de mar. Deputación da Coruña
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao: “O Parque Natural do Monte Aloia entre milenios”.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7934067405Lonxitude: -9.0478849411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Antón Lago says:
Abr 9, 2012
Os vellos tamén lle chamaban a Cruz do Bioxo, que supostamente sería o nome do cura morto no sitio.