Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: Montes de Santa Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Sitúase na cima dunha chousa adicada á explotación forestal, detrás da capela de Santa Mariña do Remuíño, cara á saída do sol e á beira do río Anllóns. Semella a entrada dunha coviña, e cando o sol asoma polo monte de en fronte, queda encaixado no oco da coviña. Nun nivel superior sitúanse o resto das pedras, formando unha disposición circular.

A zona sufriu un gran incendio na década dos 90, que xa deixara as penas ao descuberto. Agora foron atopadas nun roteiro de senderismo.

As Fotografías pertencen á Asociación Petón do Lobo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Hai fieitas e silvas rodeando as rochas, ademais as raíces dos piñeiros poden danar as pedras e levantalas.


Onde está localizado

Latitude: 43.2271860498
Lonxitude: -8.81796598434
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84