
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cambeda (San Xoán)
Lugar: Sanfíns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
A fábrica actual deste santuario data de 1931 cando o crego-canteiro Saturnino Guinarte decide derribar a obra anterior e erguer un novo edificio, moi sinxelo, de cantería con espadana. A súa xustificación: o anterior presbiterio de bóveda de cantería era moi baixo “y uno se ahogaba allí”.
Malia isto, a orixe desta ermida é bastante remota. O documento máis antigo consérvase do 1607, cando a visita o cardeal J.del Hoyo. En anos posteriores a ermida foi completamente abandonada, servindo incluso de abrigo para o gando.
No seu interior garda unha imaxe de San Fins de estilo manierista de finais do XVI, da época da fundación da capela.
Ó carón da cabeza da capela atópase a curiosidade do lugar: Un carballo centenario e milagreiro de ampla copa e longas pólas. Resulta que esta árbore disque ten poderes curativos, sobre todo para os rapaces. A cerimonia consiste en dar unhas voltas co ofrecido ó redor do carballo. Logo, esgázase unha póla e a persoa enferma debe pasar por debaixo dela. Esta póla métese en barro envolto nun trapo. Se prende, o doente sanda; se non prende, mala sorte. Posiblemente esta sexa a orixe deste santuario, construido nun lugar deshabitado nun comezo, e vencellado ó culto dendolátrico ou culto as árbores.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O de dar voltas ó redor da árbore para curar as enfermidades, parece hoxe en día complicado, a non ser que sexas saltador de obstáculos profesional. Un fermoso valado de formigón pecha as valiosas posesións do particular que se apropiou dun ben común como é o carballo milagreiro, símbolo cultural do lugar.
Ademais de urbanismo, mellor non falar. O bo é aproveitar ó máximo o espazo, pegando ben as casas á capela e se está o carballo, que máis dá. Un completo desastre e outra xoia para a colección do feísmo.
Onde está localizado
Latitude: 43.07646251161657Lonxitude: -9.040600061416626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Manuel Rial says:
Nov 19, 2011
Na foto do carballo non se aprecia ben o fermoso peche que lle fixeron. Resulta que como o tronco é medio revirado, o muro de formigón non podía chegar ata o final. Como solucionalo? Pois pegamos o muro canto poidamos á árbore e logo cubrimos o que queda cunha malla. Non vaia ser que Manolo do Rejo pense que lle vai quedar un ferrado máis de leira.