Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Conxo
Lugar: A Rocha Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A laxe sitúase no cumio dun outeiro emprazado no parapeto superior sur dun castro da Idade do Ferro. A pedra sobresae pouco sobre o terreo. Ten unhas dimensións aproximadas de 6,70 metros no eixo norte – sur e 5 metros no leste – oeste, ocupando a os gravados unha superficie de 3,30 metros e 1,70.
Os sucos das gravuras presentan forma en U. Represéntanse un complexo conxunto de armas: varias alabardas moi desgastadas, puñais ou espadas curtas e escutiformes, gravuras interpretadas como escudos, máscaras ou algún tipo de estandarte.
Os gravados da súa superficie posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas os modelos británicos datables ao redor do III-II milenio antes de Cristo (Cultura de Wessex). Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel, escudos triangulares ou estandartes, dos que non se conservan equivalentes nos achádegos arqueolóxicos polo que se considera que estaban elaborados con materiais perecedeiros.
Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas pequenas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira mais a dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas.
Estas armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.
Fotogrametría:
Petróglifo de Conxo
by magago
on Sketchfab
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15078084
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SOBRINO BUHIGAS, R., “Petroglifos compostelanos de la edad del Bronce”, Faro de Vigo de 1/8/1935
PEÑA SANTOS, A e VAZQUEZ VARELA, J.M., “Los petroglifos gallegos: Grabados prehistóricos al aire libre en Galicia”, 1979, Cuaderno del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, 30 – A Coruña
PEÑA SANTOS, A., “O tema da alabarda nos grabados rupestres gallegos”, Brigantium, Volume 1, 1980, pp.49-69, ISBN 84-600-2037-1
PEREIRA GARCÍA, E., COSTA GOBERNA, F.J. e HIDALGO CUÑARRO, J.M., “Petroglifos en los Castros Gallegos”, Revista de Guimaraes, Volumes Especial II, 1999, pp. 793-818
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Un valado de arame atravesa parte da rocha, quedando parte dela en terreo particular. Os traballos de limpeza realizados no 2010 na propiedade privada que ocupa parte da laxe empeoraron a súa situación de abandono. Demasiado preto da laxe unha asociación cultural colocou un panel informativo fai dous anos.
A descrición recollida no PXOM do concello é errónea.
Onde está localizado
Latitude: 42.8656792318Lonxitude: -8.56746912003
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Paulo says:
Nov 27, 2011
Umha associaçom cultural denominada “A Gentalha do Pichel” que já sinalizou 5 petroglifos da localidade.
Elixio Vieites says:
Mai 2, 2013
Aquí podedes ver o debuxo do petróglifo onde se pode ver un carro.
http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html
Viqui says:
Nov 9, 2014
Recén visitado esta tarde, comento que o camiño está transitable e a rocha limpa, vese ben.
Oscar Franco says:
Mai 21, 2019
Na primeira quincena do mes de maio de 2019 o petróglifo sofre un atentado nos seus fermosos gravados.
A nova a recolle a prensa dixital desta mneira:
https://historiadegalicia.gal/2019/05/novo-atentado-patrimonial-nuns-dos-petroglifos-con-representacion-de-armas-mais-importantes-de-galicia/
https://colectivoarula.wordpress.com/2019/05/16/o-emblema-da-arte-rupestre-compostela-danado-gravemente-agresion-aos-gravados-do-castrino-de-conxo/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2019/05/17/provocan-graves-danos-varios-grabados-castrino-conxo-joya-arte-rupestre-gallego/0003_201905S17C7992.htm
https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/agresion-vandalica-petroglifo-conxo/idEdicion-2019-05-17/idNoticia-1183343