
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol (comarca) / Narón
Parroquia: Pedroso (San Salvador)
Lugar: Pereiruga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O castro está situado no cumio do monte. É un recinto de forma ovalada, seguindo a forma do monte. Mide de norte a sur case 90 metros e de leste a oeste 60 metros. O castro ten tres liñas defensivas concéntricas separadas entre 10 metros (a máis preto) e 20 metros. Un camiño peonil atravesa todo o xacemento de norte a sur. Actualmente é unha plantación de eucaliptos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://castros.artabro.es/node62.html
O castro de Pereiruga no catálogo do PXOM do Concello de Narón, ano 2002.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NARON/documents/0237CA025.PDF
pax. 5 do pdf
Outros castros inventariados neste PXOM (Narón,2002)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NARON/documents/0237CA024.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O castro é unha plantación de eucaliptos, o cumio do monte está inzado de eucaliptos, tampouco se sabe a forma exacta do castro. O camiño que o cruza de norte a sur é empregado como circuito de cross.
Onde está localizado
Latitude: 43.5442845501Lonxitude: -8.1191432476
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Ago 25, 2016
Ola Nemigo. Poño aqui
unhas imaxes dos planos lidar da
zona do Castro da Pereiruga (Pedroso)
onde se ve a estrutura e forma do recinto.
Saúdos e grazas polo traballo de
confeccionar as fichas.
Tamén un pdf de pendentes 2009 desta
zona, onde tamén se ve o Castro de Sedes,
http://descargas.xunta.es/descargar?url=4b02b19f-3d2a-44ae-97ad-22c3672bc1f21457536958037
Saúdos
Nemigo says:
Ago 25, 2016
Ao de non saber as formas do castro refírome sobre o terreo, é practicamente imposible saír do camiño que vai de norte a sur para ver o resto das defensas do castro. Está cheo todo de eucaliptos e toxos. Saúdos