Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: Bouza Cova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Túmulo funerario situado na cima dunha finca de monte orientado ao leste. Parte da masa tumular e da coraza foi destruída durante os labores de plantación dun eucaliptal. Apréciase o corredor con claridade e a lousa da cuberta está intacta. Cos traballos forestais levantáronse algúns dos ortostatos da galería.
Na entrada do corredor, un aspa na pedra lateral indica a posición da cámara.
A finca na que se ubica ten na súa entrada unha pedrafita orientada ao leste.

A imaxe pertence á Asociación Petón do Lobo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado por unha plantación de eucaliptais.


Onde está localizado

Latitude: 43.2216431909
Lonxitude: -8.82483243942
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84