Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Escudo / Epígrafe,
Concello: Mazaricos / Xallas (comarca)
Parroquia: Coiro (Santa María)
Lugar: Paxareiras, As
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Buscando información sobre esta obra, atopamos dúas versións distintas sobre a época de construción, as cales se reproducen a continuación:
Ramon de Artaza a comezos do século pasado di:
“No campo chamado da feira da Virxe do Monte, término de Santa María de Coiro, concello de Mazaricos, partido de Muros, érguese unha modesta capela adicada a Santa María do Monte, a que, na súa fachada principal e sobre a porta de entrada, ostenta unha inscrición concibida nestes términos, desfeitos os enlaces e abreviaturas parece dicer:
BARTOLOME FRANCO ICO FVNDO ESTA CAPILLA DE NUESTRA SEÑORA DEL MONTE POR SV DEVOCION I CON AIVDA DE LOS DEVOTOS-1463 ”
A segunda versión parece ser a correcta, na súa totalidade di:
O último domingo de agosto celébrase no cumio do monte unha romería na honra da Virxe Maria coñecida como ” A Romaxe”. As oríxes desta construción datan de 1615 cando Bartolomé Franco, veciño da Manda, decide fundar esta capela e un hospital para peregrinos á esquerda da capela que actualmente non se conserva. Durante moitos anos funcionou no campo desta ermida unha feira mensual que aglutinaba mercadorías achegadas dos distintos lugares da parroquia, que servía como punto de reunión social pola súa celebración no domingo. A capela posúe unha soa nave corta, máis estreita que o presbiterio, formando un continuum coa capela maior de pranta cadrada con bóveda de canón e a sancristía. Na parte posterior da ábsida posúe un altar pétreo para as celebracións ó aire libre. Un dos elementos máis significativos é o pórtico, que aproveita o desnivel natural do terreo. As similitudes coa arquitectura civil son evidentes: cuberta a tres augas, columnas pétreas, etc. Deste modo enmárcase o acceso principal e prolonga o espacio litúrxico do interior do templo nos días de romaxe. Outra característica singular desta ermida radica na disposición da espadana, con decoración de pináculos, desprazada do seu lugar habitual na fachada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Recuerdos de Muros .-Ramon de Artaza
http://www.mazaricos.net/id_gal/igl_ficha.asp?id=12
http://www.costameiga.com/turismo/mazaricos/arcos.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.882688967192244Lonxitude: -9.037070274353027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84