Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cambeda (San Xoán)
Lugar: Paizás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A ermida de Santa Mariña de Paizás foi fundada nos primeiros anos do século XVII polos labregos afidalgados Alonso de Castiñeira e Mariña de Gondomil, donos da casa de Castiñeira, unha aldea a pouca distancia de Paizás. Trátase, pois, dunha capela de pazo fundada por fidalgos con pretensións.

Malia isto, o seu aspecto actual difire moito do orixinal. O cura-canteiro Saturnino Guinarte fixo en 1932 unha serie de reformas que transformaron a planta da capela case por completo, seica por ser moi pequena e ameazar ruína. Por iso se lle deu máis alto, construíuselle unha nova sacristía e unha nova dependencia, a meridional, para prestar acubillo ós romeiros ós que lles daba medo ós estoupidos dos foguetes cos que era costume festexar a Santa Mariña no día da súa romaxe. Da época fundacional quizais só conservamos ben a vella espadana, mailo seu patrimonio moble: No seu interior garda un rudo retablo barroco de pedra do século XVIII con imaxes tamén de pedra.

O lugar no que está emprazada, o chamado Campo de Paizás, tamén conta cunha interesante historia. O 12 de abril de 1809 alí estableceuse un cuartel xeral por orde do comandante das forzas comarcais opostas ós franceses, o cura Pedro Lapido, párroco de Morquintián. Finalmente será derrotado ó día seguinte na batalla de Ponte Olveira, en Dumbría.

Tamén destacar o monumental cruceiro do séc. XVII situado na súa parte frontal, con seis chanzos octogonais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.067906085506394
Lonxitude: -9.030708074569702
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84