Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis - Praza de Galicia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O que aquí podemos ver é o único lavadoiro de Galicia de auga termal e pilóns individuais.
O conxunto, que data de finais do século XVII, está formado por unha edificación feita en perpiaño granítico de cantería con cuberta a dúas augas.
No seu interior vemos cinco pías de auga termal e seis de auga fría.
Existe documentación do ano 1756 que fala destes lavadoiros, daquela constituídos por unha única pía -grande e comunal-, que aproveitaba as augas do manancial termal Lume de Deus situado ao seu carón.
No ano 1829 unha comisión veciñal acorda realizar novas obras para mellorar o lavadoiro. Os documentos recollen o nome do mestre de cantería Antón da Pena para encanar a auga termal da devandita fonte e constrúe un pío de oito cuartas de longo e catro lavadoiros individuais, todos feitos en pedra do país.
Neste lavadoiro atopouse un tesouro de moedas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.turismodecuntis.es/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/cuntis/2016/02/27/monumentos-agua-recogen-historias-villa-termalfonte-dos-catro-canosfonte-da-rua-realfonte-lume-deusfonte-arcos-arribafonte-dos-espana-ou-do-casalfonte-do-campo/0003_201602P27C7993.htm
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/177967/el-caudal-de-la-burga-lume-de-deus-es-un-80-inferior-al-establecido-por-industria
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6338897985Lonxitude: -8.56402640245
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 31, 2016
Fotografía da Burga Lume de Deus, da cal sae a auga cara o lavadoiro.