
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xiao)
Lugar: Punta Entreportas, Merexo
Outra denominación do ben: A Muralla
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trátase dun castro costeiro emprazado nunha pequena punta que se adentra no mar a uns 25 metros sobre o nivel do mar. O xacemento presenta unha croa circular duns 145 metros de diámetro estando o parapeto da zona sur parcialmente destruído coas obras da concentración parcelaria.
A historia deste castro é un pouco triste, segundo os veciños, nos anos cincuenta do século XX, nadie quería estas terras porque tiñan moita pedra. O terreo estaba cheo de pedras facendo recintos circulares e nadie sabía o que era. Entón, decidíuse recolle-las pedras para que serviran de cimentos das casas. Así, a maioría das casas de Merexo teñen parte do recinto castrexo debaixo do seu fogar. A puntilla foi a concentración parcelaria que fixo que se achandaran as súas defensas pola súa zona sur.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15052003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF
(pax 9 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1027814592Lonxitude: -9.17417317651
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
adela suma says:
Set 17, 2016
Muxía aprobou definitivamente o seu novo PXOM adaptado a lexislación vixente en abril de 2016 (ORDEN de 11 de abril de 2016 de aprobación definitiva del Plan general de ordenación municipal del ayuntamiento de Muxía):
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160427/AnuncioG0422-190416-0001_es.html
dito documento recolle no seu catálogo de patrimonio arqueolóxico este ben (ficha 3, páxina 9 do documento enlazado polo concello):
http://www.concellomuxia.com/pxom/
neste momento o documento refundido non está dispoñible no SIOTUGA