Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Santa Mariña do Monte
Lugar: Calvos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVII situada no monte de Santa Mariña, sobre o núcleo de Calvos, nunha fermosa carballeira. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas en tella e muros de cachotería de pedra revocada con morteiro. A capela maior sobresae do conxunto e está cuberta a catro augas. Na fachada principal ten adro cuberto soportado por dúas columnas de pedra e espadana con dous vans, con arcos de medio punto e frontón partido sobre o cal se sitúa unha cruz de pedra. Ten sancristía e capelas anexas á nave principal. No interior, retábulo maior do século XVIII con esculturas de Santa Mariña e a Virxe do Carme. O cemiterio desenvólvese polos laterais e parte traseira do templo. Nas inmediación hai un cruceiro moderno.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5019954728Lonxitude: -7.46751666069
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84