
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: O Rollo - Rúa Casal Aboy
Outra denominación do ben: Pazo dos Castro e Lira - Pazo de Oliveira
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación feita a base de cadeirado granítico irregular, de baixo e primeiro andar. Presenta planta en forma de L, aínda que os engadidos posteriores o transformaron en forma de U. Cuberta a dúas e catro augas.
Na fachada principal destaca a súa solaina con columnas.
No século XVIII o pazo sufriu unha transformación, sendo propietario D. Juan de Castro e Lira, rexedor de Tui en 1715.
No ano 1936 o industrial D. Juan Alberto oliveira merca os restos do pazo e reedifica o actual edificio aproveitando parte do material antigo. A obra corre da man do arquitecto vigués D. Manuel Gómez Román, que segue unha liña neo-pacega, axustándose ás características da obra anterior.
O edificio presenta dous brasóns. Un deles coas armas dos Lira, Castro, Aldao e Quiroga; o outro coas armas dos Viéitez de Puga, familia nobre de Sela, Liñaxe da esposa do Sr. Oliveira.
O pazo posúe unha pequena capela adicada a Virxe do Pilar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA103.PDF
(Páxina 74)
http://amigoscatedraltui.blogspot.com.es/2011/10/pieza-del-mes-de-octubre-2011-nuestra.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0514018404Lonxitude: -8.64656478167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Set 13, 2016
Escudo de armas situado na fachada principal do pazo, coas armas dos Viéitez de Puga.
Oscar Franco says:
Set 13, 2016
Escudo coas armas dos Lira, Castro, Aldao e Quiroga.