
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ordes (comarca) / Tordoia
Parroquia: Castenda da Torre (Santa María)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro situado a unha altitude de 336 m. e composto cun recinto de forma circular duns 100 m. de diámetro, defendido por terraplén e foso concéntricos á croa. Ten un recinto, a modo de antecastro de 80 metros de lonxitude e de forma rectangular pola banda leste que está defendido por foso e muralla e onde se pode adiviñar que foi a entrada do castro. A 100 m., aproximadamente, ao leste do que sería a entrada do castro vemos outro recinto de forma semicircular e remarcado por fosos e parapetos e atravesado por un camiño fondo. Esta zona que ten o microtopónimo de Corredoira da Guerra e que podería formar parte das estruturas do asentamento.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: RI.000014893
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0330116418Lonxitude: -8.55032444
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84