Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Fiolleda (San Cosmede)
Lugar: San Mamede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Pequena capela situada no núcleo de San Mamede, fronte a fachada principal da coñecida como Casa do Fidalgo e preto da Casa de Supereiro. Ten cuberta a dúas augas en lousa e muros de cachotaría de pedra vista agás na fachada principal que está revocada con morteiro de cal. Ten unha pequena espadana dun só van construída con cemento. Nos muros vense pezas de cantería con gravados de cruces, vexetais e animais, ademais doutros símbolos pouco claros. Tamén se ve gravada a data de 1886 que algúns consideran como o ano de construción da ermida aínda que chama a atención que, ao contrario que os símbolos citados máis arriba, esta atópase menos marcada polo que puído ser escrita con posterioridade. No interior ten esculturas dos séculos XVII e XVIII de San Mamede e a Virxe do Rosario.
Dise que antigamente a capela, baixo a advocación do mesmo santo, atopábase fóra do núcleo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6013707Lonxitude: -7.5602918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Set 17, 2016
Engado coma información complementaria o enlace ao Inventario de patrimonio cultural das Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento de Lugo, que contén este ben (páxina 11):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA004.PDF