Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Santiago (comarca) / Vedra
Parroquia: Vilanova (San Pedro)
Lugar: Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fonte datada do ano 1670 está construída a carón da ermida de Santiaguiño. Feita cun paramento a base de sillares graníticos cun cano central e unha pía cuadrangular con adornos de acanaladuras. No corpo inferior, decoración de volutas nas esquinas enmarcando un texto gravado que conta a lenda relacionada coa Raíña Lupa, o Pico Sacro e o traslado do corpo do apóstolo Santiago nun carro, ao que xunguiron bois bravos e que se tornaron mansos milagrosamente. O segundo corpo remata en pináculos nas esquinas e frontón triangular con sobrepenas cunha cruz na cima. Nunha fornela a figura do apóstolo sobre peaña e cun adorno en forma de vieira na parte inferior. A ambos lados do apóstolo dúas figuras procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado entre o 1603 e 1604 por orde do arcebispo Sanclemente para ser substituído por un de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VEDRA/documents/26071ca030.PDF
pax. 8
https://historiadegalicia.gal/2016/09/obras-perdidas-mestre-mateo/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Coro_p%C3%A9treo_do_Mestre_Mateo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7909701592
Lonxitude: -8.43233138323
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84