Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Distriz (Santo André)
Lugar: Distriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz de pedra situada ao leste do núcleo de Distriz, no lugar coñecido coo A Zanxa, case no límite coa parroquia de Piñeira, á beira do Camiño Real que polos veciños continúa a denominarse como Camiño Vello. Está composta por unha prancha de pedra cunha cruz en relevo que sobresae do chan 1,20 metros; a súa anchura é de 0,50 metros.
Falounos desta cruz un veciño, e grazas a el a atopamos xa que estaba totalmente tapada polas silvas. Hai uns dez anos roubaron a cruz pero con tan mala sorte para o caco que un veciño conseguiu ver a matrícula do coche onde a cargara. En vez de avisar á garda civil, o veciño falou co home para que devolvera a cruz ao seu lugar ou se non denunciábao, e así fixo e morreu o conto. Xunto un brazo da cruz vese que a pedra perdeu un anaco debido á grúa que utilizou para roubala.
Dise que colocaron a cruz no sitio onde se atopa en memoria dun conde de Monforte que foi morto por un nobre de Ferreira de Pantón. Unha muller de Piñeira variou algo a historia, contándonos que o conde de Monforte fora morto alí polos Irmandiños.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5086156879
Lonxitude: -7.54589080811
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84