Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: Morpeguite
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cabazo de tipo Noia, situado sobre unha soleira de pedra. Conta con oito pares de pés cuadrangulares achafranados, con amplos tornarratos cilíndricos coa parte superior convexa, que serven de soporte á cámara. Esta está composta por fiadas regulares de granito dispostas horizontalmente, unhas sobre outras, para permitir a ventilación do gran. Cóbrese a dúas augas con tella curva do país, rematándose nos penais cunha cruz cuadrangular achafranada e un pináculo piramidal no testeiro oeste. O seu acceso realízase polo costal norte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace á ficha do PXOM
http://www.concellomuxia.com/pxom/pdf/DOC_VI_AD_CATALOGO_T_II.pdf (p. 61, ficha CO 35)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0529213316
Lonxitude: -9.1811958701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84