Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muxía
Parroquia: Coucieiro (San Pedro)
Lugar: Santa Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Trátase dunha capela dunha única nave rectangular cuberta a dúas augas con tella curva do país. Os muros de cachotería están recebados agás nos vans da entrada, xanelas e esquinais.
A fachada principal, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso, unha pequena xanela rectangular seguido dun frontón triangular roto pola base dunha espadana sinxela dun corpo cun arco de medio punto sostido por piares onde vai a campá. Este frontón vai flanqueado por dous pináculos e a espadana está coroada por unha cruz octogonal de pedra.
No interior, conserva unha imaxe de Santa Mariña do ano 1889, representando á santa dun modo habitual, cun tipo físico de muller moza con longos cabelos e roupas nobres. Porta unha palma nunha man, símbolo da súa condición de mártir, e aos seus pés leva un forno acendido. A figura é dunha pasta de madeira policromada na que se olla unha dobre túnica ocre claro e azul con corpiño marrón. O manto é vermello e os seus cabelos marróns escuros.
Sinalar que a situación orixinal desta capela estaba no propio núcleo de Santa Mariña e que se trasladou ampliando o edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace á ficha do PXOM:
http://www.concellomuxia.com/pxom/pdf/DOC_VI_AD_CATALOGO_T_II.pdf (p. 34, ficha CO 8)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0439942718
Lonxitude: -9.19001474979
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84