Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: O Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación do século XIX en estilo neoclásico feita a base de cadeirado granítico labrado e escuadrado. Posúe planta rectangular cunha soa nave, e teitume a dúas augas con pináculos nos extremos. Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso enmarcada e, por riba dela, unha fornela con arco de medio punto que acolle unha imaxe do patrón. Máis arriba unha fiestra cadrada con derrame interno. No cume da fachada aparece unha cruz pétrea de remate. No lateral da fachada destaca unha torre campanario de tres corpos.

O interior da igrexa ten cuberta de bóveda de canón e unha cornixa corrida con molduras barrocas. O retablo do altar maior, de comezos do século XX, posúe as imaxes de Cristo crucificado, a Virxe do Rosario, San Xoán Bautista e San Fiz.

Esta igrexa presenta a curiosidade de que o sagrario en lugar de mirar ao nacente faino ao poñente.

En torno a ela podemos ver un viacrucis, un cruceiro e un pazo abacial.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior, o retablo do altar maior, datado a comezos do século XX, posúe as imaxes de Cristo crucificado, a Virxe do Rosario, San Xoán Bautista e San Fiz.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (p. 9)

Turismo de Cuntis
http://www.turismodecuntis.es/p_eclesiastico.php

Turismo de Galicia
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=4627&ctre=31&langId=gl_ES

http://www.xoanarcodavella.com/2012/10/estacas-cuntis.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6429562739
Lonxitude: -8.60386937857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84