Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Caldas (comarca) / Cuntis
Parroquia: Estacas (San Fiz)
Lugar: Magán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela feita a base de cachotería granítica, con planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas. Na fachada principal pódese ver a porta de aceso protexida cun enreixado metálico de recente factura. Aos lados da mesma aparecen dúas pequenas fiestras cadradas con derrame interno, hoxe tapiadas.
Por riba da porta unha fiestra cadrada con derrame interno.
O conxunto remata cunha espadana dun só oco con cruz de ferro no cume.
No interior destacan dúas imaxes: a de santa Lucía e a de San Bieito.
Esta capela, da que xa se ten noticia da súa existencia dende o século XVI, estivo vinculada ata o ano 1836 ao señorío do mosteiro bieito de San Martiño Pinario, razón polo que aínda na actualidade se conserva unha imaxe do patriarca San Bieito.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
Normas subsidiarias
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.PDF (p. 9)
http://www.turismodecuntis.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6648005034Lonxitude: -8.60161498189
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84