Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Deza (comarca) / Rodeiro
Parroquia: Santa Baia de Camba / Senra (San Paio)
Lugar: As Poboanzas / Loureiro
Outra denominación do ben: Coto Grande
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Na descrición do catálogo do PXOM do ano 2009 do concello de Rodeiro adscríbese este asentamento á época medieval. Está a unha altitude de 1015 m., no cume do monte de Pena de Arriba, e posúe en todo o seu perímetro unha muralla defensiva de pedra moi esborrallada duns 100 m. de diámetro e outra, no interior deste recinto pola banda sur e leste, que rodea a parte central de masa rochosa. Literalmente podemos ler neste documento : “ O asentamento como tal é bastante inhóspito e case toda a súa superficie encóntrase ocupada por afloramentos rochosos, polo que cabe supor un reducido espazo habitacional e unha escasa potencia estratigráfica. Por todas estas características debe tratarse dun castelo medieval, aínda que non pode descartarse a existencia dun xacemento pre ou protohistórico. O que parece fóra de toda dúbida é que se trate dun castro”.
As fotos desta ficha son da autoría de Antonio Presas e a imaxe lidar-pnoa está cedida polo Instituto Geográfico Nacional-Xunta de Galicia, Instituto de Estudos do Territorio (IET)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA 36047067
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

No PXOM concello de Rodeiro, ano 2009.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca029.pdf
pax. 5 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6305303046
Lonxitude: -7.91425271445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84