Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas (San Xurxo)
Lugar: Lingunde - A Vasa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Antigo peirao situado a uns douscentos metros da praia de Lingunde dirección A Vasa. Foi construído a finais do século XIX ou principios do XX para descargalo seixo que se collía por Penafreu e, sobre todo, no Monte das Seixas. Para levalo desde o monte ata o peirao transportábase en carros tirado por bestas ata a chegada do transporte a motor e co novo peirao na “Vila dos Encaixes”, cara a finais dos anos trinta do século XX. Así, este quedaría en desuso e posteriormente en ruínas, quedando só a súa pegada.

Este peirao tiña unhas dimensións duns 20 metros pola cara leste, mirando cara a boca da ría; e un ancho de 2,5 metros e de 10 metros pola cara norte facendo un ángulo de 120 graos cara a terra cuns 14,5 metros e pechando o peirao co monte cuns 4 metros. No seu día fora máis longo, posto que seguía aínda uns 15 metros máis cara ao mar pero en vez de ser de pedra era de madeira. Esto era para que en marea baixa, as embarcacións non se quedaran en seco e se tivera que parar o traballo de descarga. Aínda hoxe pódense ver restos de seixo polo camiño que nos leva ata os restos do peirao.

A actividade de descarga do seixo foi moi grande a principios de século, interrompida un tempo durante a República, e reanudándose despois de acabala guerra civil, xa nos seus últimos derroteiros.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13811102012141
Lonxitude: -9.170789122581482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84