Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Mabegondo (San Tirso)
Lugar: O Cruceiro, Beldoña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de planta rectangular dunha soa nave e ábsida rectangular. Apegado ó muro sur, hai un segundo corpo que funciona como sancristía. Os muros son de cachotería coa pedra á vista nos laterais estando recebada e pintada a fachada principal. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela cuadrangular e sobre esta, uns azulexos que forman un rectángulo cunha pintura de Santo Antón co neno ó brazo. Rompendo o vértice do pentágono sitúase a base dunha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos piramidais con bóla. O primeiro corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e que serven para aloxa-la campá. O segundo corpo separado por dúas cornixas ten un frontón triangular curvo cun oco circular, flanqueado por dous pináculos piramidais e rematado por un acroterio moldurado que soporta unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca006.PDF (Páx-26).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2516600698
Lonxitude: -8.26217964302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84