
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Carnés (San Cristovo)
Lugar: Carnés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta igrexa presenta unha planta de cruz latina cunha única nave dividida en tres tramos. O seu presbiterio, de traza rectangular, constrúese de modo semellante a outras da comarca a pesar de que a sancristía non se apega ó seu muro senón que aparece tras este. Todo isto contribúe a que a estructura lonxitudinal da nave se alongue considerablemente, facendo que o cruceiro quede desprazado ó exterior, aínda que ocupe no interior a súa posición formal e compositiva sexa a correcta.
Exteriormente a fachada é sen dúbida o elemento de maior relevancia debido tanto ó ornamental como o seu peculiar campanario. A fachada moi semellante ó de Calo; foi construída en 1798 polos irmáns Gamallo, familia de canteiros oriunda de Cerdedo, Terra de Montes. Non segue o claro esquema compositivo da comarca. Distánciase dela ó acoutar lateralmente o espacio con pilastras de orde xigante, frecuentes no barroco compostelán. O pano central aínda que segue a secuencia porta, van e torre, mostra elementos singulares na súa decoración como son espirais pétreas, placas, aletas e motivos vexetais tomados da ebanistería. A parte superior concentra o maior sobrecargamento dos motivos ós que se engade a torre campanario, formada por un primeiro corpo cadrado con ricos balaústres e tambor furado que sostén a lanterna, pináculo con bola, moldes e caixeado das pilastras, cornixas voadas que contribúen a efectos de claroescuro ó gusto da estética barroca. A dereita da fachada posúe unha solaina de madeira cubrindo unha porta lateral. No interior ten un interesante retablo feito en 1789 polo retablista de Treos, F. Castro Agudín.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior ten un interesante retablo feito en 1789 polo retablista de Treos, F. Castro Agudín.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”,Deputación Provincial da Coruña,Vol.X, 1998.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.114803818825045Lonxitude: -9.111973643302917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




