Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boqueixón
Parroquia: Lestedo (Santa María)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

No lugar de Rubial estaba a antiga igrexa parroquial. Tratábase dun templo de reducidas dimensións de estilo románico que, debido ao seu estado e necesidade de reconstrución, levou á decisión de construír un novo a principios do século pasado. O 2 de xuño de 1915 comenzan as obras seguindo con rigor os planos trazados polo arquitecto compostelán Jesús López de Rego.
A igrexa presenta unha planta de cruz latina e ábsida rectangular, encadrándose dentro do estilo neogótico, caracterizado por un retorno a modelos ideais do pasado buscando a perfección construtiva, conxugando a pedra e o cristal. Destaca deste templo a súa acusada verticalidade e elevada altura así como o emprego de contrafortes, arcos apuntados, grandes vidreiras, elevados piares, bóvedas de cruzaría e a torre na súa fachada como elementos construtivos.
Sinalar que a torre-campanario, cadrada, de dous corpos rematado por unha cúpula cunha cruz de forxa, rematouse de construír en 1990, despois máis de cinco décadas de abandono das obras. Así mesmo, no ano 2005, inauguráronse as novas vidreiras de cores, con imaxinaría relixiosa e relacionada coa parroquia, que substituíron aos antigos cristais brancos.
No seu interior hai unha cruz, do primeiro terzo do século XVIII, obra de Domingo González, que presenta as figuras de Cristo e os catro evanxelistas por un lado e a da Virxe da Asunción rodeada de anxos polo outro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca003.PDF
(Páx-13).
http://www.boqueixon.com/parroquias-lestedo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8014072668
Lonxitude: -8.46704721451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84