Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vila de Cruces
Parroquia: Gres (Santiago)
Lugar: Gres
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” cunha plataforma cuadrangular dun chanzo na que parte un troncopiramidal cuadrangular, levantándose un templete de seis columnas ovais, que sosteñen unha plataforma cuadrangular moldurado con cuarto bocel e mediacana. Sobre esta plataforma, un pedestal cúbico coa parte superior moldurada cun cuarto bocel, sostén un varal cuadrangular achafranado. No varal, pola parte do anverso, presenta unha imaxe dun Santiago Peregrino, á dereita unha Virxe do Carme e á esquerda un Cristo Salvador. O capitel é troncopiramidal invertido e presenta en cada esquina, unha figura dun anxo alado que sostén a parte superior. A súa cruz é cilíndrica e no anverso presenta a Cristo Crucificado con dous cravos estando a man dereita caída por detrás dun anxo que o abraza, mentres que a man esquerda permanece sobre o brazo da cruz con outro anxo intentando desencravalo. Outros dous anxos coas ás estendidas, sosteñen sobre a cabeza de Cristo a cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada cunha coroa radiante e os dedos das mans entrelazados. Está enriba dunha peaña sostida por dous anxos con ás. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Na base da plataforma, na parte do troncopiramidal invertida, hai dúas placas; no anverso e no reverso, cunhas inscricións que falan do evento e de quen a inaugurou, e na que dí que foi o día 26 de maio de 1996.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7929073336Lonxitude: -8.33825245511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Alberto García Roldán says:
Mar 27, 2020
Na libro: Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos Escrito por Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, indícase que o cura párroco de Gres, don Perfecto Lodeiro López, pola construcción de semellante obra, pagou dous millóns catrocentas mil pesetas.
Que a parte baixa da obra, foi realizada polo contratista señor Santos, con taller en Penaboa. La parte alta, capitel e cruz con figuras, así como as imaxes que están pegadas o varal, son da autoría de Eladio Martínez Arosa, que ten o seu taller na parroquia pontevedresa de Bértola, no lugar de Santa Marta, no concello de Vilaboa.