
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Ribadelouro (Santa Comba)
Lugar: O Mallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruz do século XVIII que nace sobre unha base cadrada coas arestas rebaixadas.
O varal e os brazos da cruz tamén son de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
Ao carón da cruz podemos ver un monolito de pedra no que aparece unha inscrición con forma de roseta de seis puntas e unha cartela en pedra coa seguinte lenda:
“CAMINANTE AQUÍ ENFERMÓ DE MUERTE SAN TELMO EN ABRIL DE 1251. PÍDELE QUE HABLE CON DIOS EN FAVOR TUYO”
A cruz e o monolito atópanse ao carón da Ponte de San Telmo.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TUI/documents/27513CA105.PDF
(Ficha EET/112 – Páxina 106)
http://www.xoanarcodavella.com/2013/02/ponte-das-febres-tui.html
http://www.outono.net/elentir/2012/07/29/el-puente-de-las-fiebres/
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0863438445Lonxitude: -8.63748550415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 29, 2016
Fotografía do conxunto formado pola cruz, o monolito e un peto onde os peregrinos deixan as súas peticións.