
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cedeira / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervo (Santalla)
Lugar: Corveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela de mediados do século XVII con planta rectangular e cabeceira un pouco máis elevada que o resto do edificio. Tellado a dúas augas e cuberta de tella do país. Con austeridade na decoración, leva os muros recebados e pintados de branco amosando a cantería granítica nas esquinas, linteis das portas e marcos dos vans. Fachada rematada na parte superior con espadana de dous ocos. Nunha das portas laterais pódese ver unha pedra armeira cun cáliz á dereita e un círculo e figura xeométrica na esquerda. Dende esta capela podemos ver unha panorámica da Punta Chirlateira e o Monte do Castrelo na entrada da ría de Cedeira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003386
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CEDEIRA/documents/0113CA003.PDF (Pax. 1)
https://novascedeira.wordpress.com/2016/06/14/festa-de-santo-antonio-de-corveiro-cedeira-13-de-xuno-de-2016/
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6638048387Lonxitude: -8.06962430477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 8, 2021
Un cedeirés fai unha doazón de 20.400 euros para repoñer o tellado desta capela. A nova é do 5 de setembro:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2021/09/05/cedeires-dona-20400-euros-tejado-capilla-san-anton/0003_202109F5C9991.htm#:~:text=Y%20%C3%A9l%20asumi%C3%B3%2C%20sin%20dudarlo,el%20exterior%20de%20la%20construcci%C3%B3n.