Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: Camiño do Carballo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No cruce da Estrada Real (que comunicaba A Guarda con Tui) co Camiño do Carballo sitúase este peto de ánimas, formando parte do muro de peche dunha finca privada. O peto é de feitura semellante a outros que podemos ver na mesma parroquia.
Nace sobre unha base cadrada. Sobre ela a fornela, de arco de medio punto cun enreixado metálico. No interior, un pequeno retablo de época moderna que representa unha escena cunha imaxe feminina sobre unha nube que suxeita unha balanza na súa man. Por debaixo, tres imaxes (a do centro cunha mitra) entre as lapas do Purgatorio.
O conxunto remata con dúas molduras curvas a xeito de cornixa que flanquean un motivo ornamental que semella unha cuncha de vieira. No cume unha cruz pétrea coas arestas rebaixadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9261805884
Lonxitude: -8.79667595029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84