
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Rúa da Cal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro do século XVIII que nace sobre douys chanzos cadrados, un deles parcialmente soterrado. A súa base moldurada presenta a seguinte inscrición:
“A DEVOCI
ON DE JOSE
CIVIDAN
ES Y SV MV
GER YSABEL
PENIZA
AÑO DE 1762”
Entre a base e o varal aparece unha pequen sección cadrada con outra inscrición:
“SSMO. CHRISTO
DE LA MISERICO
RDIA”
O varal, de sección cilíndrica con estrías, da pàso aun capitel tipo xónico decorado con volutas e rostros humanos.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e cunha caveira baixo os seus pés; aparece acompañado doutra imaxe que semella ser San Francisco de Asís axeonllado.
Os nomes das persoas que aparecen na inscrición da base son ascendientes de D. Juan Antonio Español (fundador e propulsor do primeiro barrio da Pasaxe) e de Domingo Español (Alcalde da vila de A Guarda no século XIX).
Xunto ao cruceiro podemos ver un lavadoiro, conformando un fermoso conxunto.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a tradición que xunto ao cruceiro existía tamén unhas almiñas cun farol que, segundo contan, se garda nunha casa particular da zona.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360230203.html
http://infogauda.blogspot.com.es/2014/01/a-guarda_26.html
http://www.galiciasuroeste.info/varios/fuente_de_a_cal.htm
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (2017). Cruces, cruceiros e petos do concello da Guarda (II). VIII CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS. Ed: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8953384262Lonxitude: -8.87453511357
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 10, 2016
Detalle da inscrición que podemos ver na base.