Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Padrón
Parroquia: Padrón (Santiago)
Lugar: O Santiaguiño do Monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:
Antigo santuario paleocristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas. Ditas pedras, nas que se sitúa a imaxe de Santiago xunto cun cruceiro, contan con diferentes inscricións e símbolos dun calvario gravado baixo os pés do Santo. O lugar é moi coñecido polas peregrinacións que, coincidindo coa festividade de Santiago o 25 de xullo, se fan ata el subindo polo seu viacrucis con máis de 100 escaleiras. A romaría que se fai aquí está declarada de interese turístico desde o ano 1943.
Desde a Idade Media, foi lugar xacobeo, impulsado no século XV polo arcebispo Rodrigo de Luna, e no século XX polo arcebispo Martín de Herrera.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: GA15065013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a lenda, cando Santiago estaba a predicar o evanxeo en Iria foi desafiado por unha muller que lle dixo: ” Se o teu Deus ten tanto poder, que faga xurdir a auga pra quitar a miña sede” Entón Santiago golpeou a pedra co seu bastón e xurdiu un manancial de auga a que hoxe en día se lle dan propiedades milagreiras.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.pdf
(pax.13 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7377302454Lonxitude: -8.66748332977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Feb 7, 2017
https://www.youtube.com/watch?v=BaWxnajEAEM
11 de xaneiro: comeza o ano desacaciando Santiaguiño do Monte, Padrón – Brigadas deseucaliptizadoras says:
Xan 7, 2025
[…] Para comezar 2025 nada mellor que botarse ao Santiaguiño do Monte, un lugar máxico ao pé de Padrón, no que eliminaremos as matas de acacia que están rodeando este antigo santuario precristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas e cuxa rica historia podedes coñecer aquí. […]
11 de xaneiro: comeza o ano desacaciando Santiaguiño do Monte, Padrón - Verdegaia says:
Xan 7, 2025
[…] Para comezar 2025 nada mellor que botarse ao Santiaguiño do Monte, un lugar máxico ao pé de Padrón, no que eliminaremos as matas de acacia que están rodeando este antigo santuario precristián formado sobre un conxunto de rochas graníticas e cuxa rica historia podedes coñecer aquí. […]