Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Celas (Santa María)
Lugar: Celas de Peiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos con voo e un pedestal troncopiramidal rematado cunha peza cuadrangular con chafrán. O varal é cuadrangular con chafrán e coas imaxes da paixón: escadas, martelo, cravos, tenazas e lanza. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Nas esquinas ten volutas e no centro vieiras. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2498068661
Lonxitude: -8.40673483914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84