
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: A Caeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A estación rupestre da Caeira conta con oito petróglifos perfectamente indicados e habilitados para a súa visita. Os dous máis grandes son os denominados “Laxe das lebres” e “Pedra grande de Montecelo”. As principais figuras son concéntricas e relaciónanse con escenas de caza. Máis abaixo, na estrada que vai cara a Sanxenxo, atópase o centro de interpretación.
O máis sorprendente do lugar é que a estación non se atopa illada no monte, como soe ser habitual, se non que está no centro dunha grande urbanización, estando algúns dos petróglifos pola parte traseira de algunhas casas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellopoio.com/turismo.php?area=02&seccion=05&subseccion=082
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O conxunto está literalmente metido no media dunha inmensa urbanización, e dá a sensación de que moitos petróglifos puideron correr peor sorte ca estes.
Onde está localizado
Latitude: 42.44168525562202Lonxitude: -8.66071343421936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Pablo Eirín says:
Xan 22, 2014
Complexo rupestre de Montecelo, unha das maiores concentracións de gravados con máis de 20 conxuntos:
APARICIO CASADO, Buenaventura. “Arqueología y antropología cultural de la margen derecha de la ría de Pontevedra” Servicio de publicaciones da Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1989. ISBB: 84-86845-33-5. Páx 88,95-114.
Oscar Franco says:
Feb 20, 2020
Unha referencia web sobre esta estación:
https://oestrymnio.blogspot.com/2012/05/el-yacimiento-arqueologico-de-caeira.html?fbclid=IwAR3In4PVYW1d0I-ZRw3Of4DwamDVcsKBrGthTXlyJpRAN6o9-NPdoh30B08&m=1